solpor


CORES LARANXAS, AMARELAS , VERMELLAS... NA TARDIÑA.

sábado, 30 de diciembre de 2017

viernes, 15 de diciembre de 2017

Charlas coa asociación AMAINA

María veunos falar sobre  o consumo de drogas  e como podemos facer para evitalas

Logo por grupos fixemos carteis con slogans para prevenir o uso de alcohol, tabaco...as drogas máis habituais no noso entorno.






Gustaríanos ter máis charlas sobre temas que nos interesan!

sábado, 9 de diciembre de 2017

Nadal 2017

Así de simpático quedou a nosa árbore de Nadal!!
 Deron traballiño pero ao final conseguimos rematar as fermosas postais, cos desexos para o novo ano!!

lunes, 4 de diciembre de 2017

Doce meses ten o ano

Aquí tedes a letra da canción que nos acompañará no festi do cole. Tamén a música do grupo Pirilampo.Así que animádevos a aprender con eles a cantala!!!

DOCE MESES TEN O ANO –PIRILAMPO


https://soundcloud.com/sonarbore/doce-meses-ten-o-ano

Xa chegou xaneiro
xa naceu o ano
detrá veu febreiro
e cubriuno de branco.

Logo pasou marzo
o marzo marzolo
que a primavera
sempre trae no colo.

Doce, doce meses
doce o ano ten,
poden sair trece
senón contas ben!

Despois veu abril
que ten augas mil
pra regar a maio
que o anda a seguir.

Detrás chegou xuño
o mes de San Xoán
e trouxo sardiñas
tamén no verán.

Doce, doce meses
doce o ano ten,
poden sair trece
senón contas ben!

Logo chegou xullo
e veu traer pan
despois veu agosto
que é o seu irmán..

Xa pasou setembro
outubro xa ven
e tráenos outono
castañas e mel!!

Doce, doce meses
doce o ano ten,
poden sair trece
senón contas ben!


No mes de novembro
pasa o Samaín
e fai unha festa
que me gusta a min.

E co mes de decembro
o inverno virá
e o fin de ano
co fin vai chegar!!

Doce, doce meses
doce o ano ten,
poden sair trece
senón contas ben!